I.E.S. MURALLA ROMANA DEPARTAMENTO DE INFORMÁTICA Linguaxes de Marcas e Sistemas de Xestión da Información Exercicio repaso - DTD Crear un dtd externo que permita validar documentos XML cunha estrutura similar a dtd.xml con elemento raíz academia para almacenar datos dunha academia. O dtd ten que cumprir do mellor xeito posible os seguintes requisitos: a) Dentro do elemento academia temos os elementos alumnos e profesores (unha soa vez e en calquera orde) e despois cero ou varios elementos matricula. b) O atributo nome do elemento academia de existir terá o valor fixo “O saber de Lugo”. c) O elemento alumnos conterá os datos de varios alumnos mínimo dos(elemento alumno). d) profesores terá entre 1 ou varios elementos profesor. e) Para os elementos comúns de alumno e profesor temos que usar parámetros, e son: ◦ dni ou pasaporte e pais (pais e pasaporte van xuntos) ◦ nome e apelidos (este último opcional) poden aparecer en calquera orde. ◦ enderezo, localidade co atributo cp ◦ telefono e email ambos opcionais pero de aparecer só un será sempre telefono f) Cada alumno ten: ◦ ademais dos elementos común coma atributos codigo (único por alumno) e novo que terá os valores s ou n en maiúscula. g) Cada profesor ten: ◦ Os datos comúns e salario que é opcional ◦ E coma atributo o codigo (único profesor) h) Cada matricula ten: ◦ o elemento data so ten os atributos matricula e inicio este último opcional ◦ e coma atributos profesores que se corresponde cun ou varios profesores do documento e alumno que se corresponde cun alumno do documento. ◦ No elemento matricula pode aparecer texto explicativo Notas: Todos os atributos son obrigatorios, agás que se indique o contrario. Linguaxe de marcas. XML. Exercicio de repaso. DTD 1/1