Uploaded by Nea R. N

Biografía Margaret Brennecke

advertisement
Margaret ‘Hap’ Brennecke
Margaret Brennecke, nada en 1911 en Emmaus, Pennsylvania e finada en 2008, foi unha
metalúrxica que se converteu na primeira muller enxeñeira no Laboratorio de Materiais e Procesos
en Marshall da NASA.
Biografía
Primeiros anos e educación
Margaret Brennecke naceu en 1911 na cidade de Emmaus, en
Pennsylvania, Estados Unidos, filla dun profesor de música.
Tras os seus estudos obrigatorios, licenciouse en química na
Universidade Estatal de Ohio en 1934. Posteriormente
especializouse na área da metalurxia no Instituto de
Tecnoloxía Carnegie en Pittsburgh, Pensilvania, e tamén
realizou outros traballos de posgrao na Universidade de
Pittsburgh e na Universidade de California en Los Ángeles.
Vida laboral
Despois de obter o seu título, Brennecke estivo 22 anos como investigadora metalúrxica no
Laboratorio de Desenvolvemento de Procesos da Compañía de Aluminio de Alcoa. Durante esta
etapa investigou novos procesos para maior uso do aluminio e desenvolvemento de novas aliaxes.
A Segunda Guerra Mundial proporcionoulle a oportunidade de traballar na soldadura e fabricación
de aliaxes para avións, pontes e lanchas de desembarco como os usados durante a invasión de
Normandía (1944), entre outros.
Inspirada polo discurso de Kennedy en 1961, Brennecke uniuse ao
Centro de Voo Espacial Marshall nun posto de experto en soldadura,
debido aos seus amplos coñecementos das aliaxes de aluminio e os
procesos de soldadura TIG (Tungsten Inert Gas) e MIG (Metal Inert
Gas). Ela estivo a cargo de tomar críticas decisións sobre os materiais
que se usarían para construír os diversos compoñentes do foguete
Saturno V da NASA, que lanzou as misións espaciais Apolo. Foi
especialmente requirida á hora de selección de materiais, resolución
de problemas con tratamentos técnicos e a estrutura metalográfica
necesarios para lograr unha alta resistencia e fiabilidade nas
soldaduras dos tanques de combustible crioxénico, sendo o deseño
destes últimos unha das súas maiores contribucións ao programa.
Durante este período publicou varios artigos na revista Welding Journal e un informe técnico da
NASA, e en 1974 foi membro do comité responsable de reescribir o Manual Militar 5, a fonte máis
autorizada para datos de aliaxes e metais aeroespaciais.
Cando os programas de Apollo e Saturno remataron, Brennecke permaneceu traballando para a
NASA pero transferida á sección de selección de materiais e técnicas para Spacelab e os foguetes de
reforzo do Transbordador espacial. Isto marcaría o comezo da próxima era de exploración espacial
humana da NASA.
Vida persoal
Durante os seus anos laborables, Margaret puido gozar do seu amor polas viaxes. En 1958
percorreu Rusia, e viaxou a bordo dos barcos de carga que viaxaban cara e desde as minas de
bauxita da illa caribeña de Trinidad.
Por outra parte, Brennecke sufriu discriminación polo feito de ser muller, o que a levou a usar o
sobrenome 'Hap' para escribir os diversos artigos e reportes, xa que non denotaba ningunha idea do
xénero da persoa que o usase.
Brennecke faleceu en 2008.
Recoñecementos
Foi recomendada para o premio da Society of Women Engineers polos seus logros que fixeran
posibles diversos programas da NASA, entre os que destaca o foguete Saturno. Ademáis foi
recoñecida pola NASA coma una das mulleres pioneiras máis importantes do proxecto Apollo.
Bibliografía
•
HAYNES, Korey, 2019. Margaret “Hap” Brennecke: The woman who welded Apollo's
rockets. Astronomy [en liña] [consultado 19 de outubro 2019]. Dispoñible en:
https://astronomy.com/news/2019/07/margaret-hap-brennecke-the-woman-who-weldedapollos-rockets
•
MERKUSHEVA, Daria, 2019. In the Shadow of Apollo 11: 11 Women Engineers.
asme.org [en liña] The American Society of Mechanical Engineers [consultado 19 de
outubro 2019] Dispoñible en: https://www.asme.org/topics-resources/content/in-theshadow-of-apollo-11-11-women-engineers
•
ODOM, Bryan, 2019. Margaret W. ‘Hap’ Brennecke. [En liña] nasa.gov [consultado 19 de
outubro 2019] NASA Dispoñible en:
https://www.nasa.gov/centers/marshall/history/margaret-w-hap-brennecke-feature.html
Enlaces externos
•
Informe técnico da NASA por M.Brennecke
•
Video informativo sobre a fabricación, desenvolvemento e probas de tanques crioxénicos
pola NASA
•
Hiperenlaces (subliñado azul)
Download